Aprendendo e rompendo cos rols de Xénero coa Colaboración de Cruz Vermella

 




Nesta charla coa colaboración da traballadora da Cruz Vermella, María, inventamos a vida de dous nenos, Hugo e Xiana.
Estes dous nenos teñen unha vida por diante con igualdade de condicións. 
Tamén aprendemos que temos que traballar para conseguir a igualdade entre mulleres e homes, xa que non hai traballo, nin estudo ou aficción na que teña máis posibilidades un home que unha muller.

Démonos conta de que na nosa clase somos sete nenos e cinco nenas pero, tamén que non nos tratamos como mulleres e homes senón como bos amigxs.


Comentarios